KAYAKdeMARpt
http://www.kayakdemarpt.org/

Associação Galega de Kayak de mar- AGKM
http://www.kayakdemarpt.org/viewtopic.php?f=57&t=538
Página 1 de 1

Autor:  Admin [ sexta abr 29, 2011 10:03 am ]
Assunto da Mensagem:  Associação Galega de Kayak de mar- AGKM

Imagem


A Asociación Galega de Kaiak de Mar (AGKM) é unha asociación de ámbito galego e sen fin de lucro que nace en setembro de 2007 coa finalidade de recoller o espírito e o labor realizado polo desaparecido Comité Galego de Kaiak de Mar.
Os nosos obxectivos son os de promover a práctica do kaiak de mar recreativo, desenvolver a responsabilidade e a autonomía na súa práctica, a formación na navegación e nas técnicas de seguridade, e o estudio e a investigación das técnicas de construción dos kaiak de mar, así como promover a protección e defensa do contorno e do medio ambiente.

E como medio para todo iso, a Asociación aspira a servir de lugar de encontro de todos os que palean no mar. Deste xeito nacemos con vocación de dar cabida a todos eles, como un punto de encontro onde intercambiar experiencias e adquirir coñecementos que consoliden a práctica do kaiak de mar coa máxima autonomía e responsabilidade.

Página 1 de 1 Hora Europa/Lisbon
Powered by phpBB® Forum Software © phpBB Limited
https://www.phpbb.com/